A vicepresidenta Luisa Sánchez presenta no Pazo provincial a primeira proba do circuíto Transgalaica, que se celebrará en Cerdedo-Cotobade
14/02/2025
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acompañada do deputado de Cultura e alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, presentou esta mañá no Pazo provincial a primeira proba da 19ª edición de Transgalaica. A estrea do Maratón MTB Series terá lugar un ano máis en Carballedo, o vindeiro 2 de marzo desde as 9:30 horas. A proba conta coa colaboración da institución provincial, ao igual que a terceira das cinco que compoñen o circuíto, que tamén chegará á provincia de Pontevedra ao celebrarse en Silleda o domingo 30 de marzo.
O calendario de Transgalaica complétase coas probas que se celebrarán nas catro provincia galegas, concretamente en Ames, o 16 de marzo, en Friol, o 13 de abril, e a proba que culminará a edición, o 27 de abril en Manzaneda.