Luis López anuncia a posta en marcha dos Campamentos A Lanzada 2025 con 300.000 € para elaborar o proxecto técnico-educativo

A institución provincial ofertará o vindeiro ano un total de 1.540 prazas para que menores de entre 8 e 13 anos poidan desfrutar dun programa de actividades socioculturais, recreativas, formativas, ambientais, científicas e de convivencia na Lanzada

08/11/2024

Xunta de Goberno

A Deputación de Pontevedra pon en marcha a edición do 2025 dos Campamentos A Lanzada, aos que destina os primeiros 300.000 euros para contratar a asistencia técnico-educativa do programa para o vindeiro ano. Con esta iniciativa, tal e como adiantou o presidente da Deputación Luis López, un total de 1.540 menores de entre 8 e 13 anos poderán desfrutar de actividades socioculturais, recreativas, formativas, ambientais, científicas e de convivencia.

Segundo explicou López "non imos escatimar esforzos para que os rapaces e rapazas desta provincia continúen a gozar dun verán 100% Rías Baixas, dunha contorna marabillosa como é a Lanzada e aprendan valores tan importantes como o respecto, a tolerancia, o coidado do medio ambiente e a igualdade". Deste xeito, tal e como informou o presidente, con estes 300.000 euros poderase contar cun proxecto técnico e educativo no que se inclúan, ademais das actividades a desenvolver no campamento, as saídas e as excursións que realizarán os cativos no verán do próximo ano.

Os Campamentos A Lanzada 2025 ofertarán un total de 1.540 prazas distribuídas en 11 quendas, participando en cada unha delas 140 menores. Cada quenda terá unha duración de 7 días, de domingo a sábado, e estenderanse entre o 22 de xuño e o 6 de setembro de 2025.

audios

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.