A Deputación leva este venres ata Ribadumia a proxección de “A viaxe de Lucy” no marco do Ciclo Mestre Mateo

A película poderá verse no Auditorio Municipal de Ribadumia ás 21:00 horas

06/11/2024

O Auditorio Municipal de Ribadumia acolle este venres 8 de novembro unha proxección cinematográfica do Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra, para achegar as longametraxes de ficción e documentais finalistas dos premios do audiovisual galego aos concellos da provincia. Nesta sesión, ás 21:00 horas, exhibirase o filme “A viaxe de Lucy”, dirixido por Ruth Chao.

“A viaxe de Lucy” é unha película documental que narra unha apaixoante misión espacial da NASA a través dos ollos de catro brillantes mentes: Hal Levison, Cathy Olkin, Donya Douglas e Matt Cox. A documental derriba os clichés de científicos a través da intimidade destes catro científicos e cun toque de humor inspira ás novas xeracións a perseguir os seus soños.

A programación desta nova edición do Ciclo Mestre Mateo chegará, ademais de a Ribadumia, a Cerdedo-Cotobade, Moraña e As Neves. Ademais do documental “A viaxe de Lucy”, a película que chega este venres a Ribadumia, e de “Matria”, “Fatum”, “O Corno” e “¡Salta!! ao abeiro deste ciclo poderase desfrutar de “Emoción, vida e teatro, a nave das Marías”, “Chichi e mais eu” e a gañadora do Mestre Mateo ao mellor documental “Os espazos en branco”.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.