Luisa Sánchez remarca o apoio de 120.000 € da Deputación ao Coruxo FC na súa visita ao Campo do Vao na última xornada de adestramento do club desta tempada

09/05/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, visitou as instalacións do Campo do Vao na última xornada de adestramentos da tempada do Coruxo FC. Sánchez recordou que a institución provincial destina neste período 120.000 € ao club co obxectivo de “garantir un respaldo económico para axudalo a afrontar os gastos de participación nunha liga de tanta esixencia como é a Segunda División da Real Federación Española de Fútbol, na que ten conseguido manterse”. Ademais, amosou optimismo ante “unha nova tempada que, de seguro, traerá moitos máis éxitos”.

Luisa Sánchez subliñou a “aposta prioritaria” do Goberno provincial polo deporte, con investimentos millonarios para “potenciar o deporte, a base, pero tamén para modernizar as infraestruturas deportivas de toda a provincia, así como para converter a este espazo no escenario das probas deportivas máis importantes do mundo”. Ademais, recordou que se acaban de aprobar as axudas, por valor de 500.000 €, 200.000 € máis que o que aportaba o anterior Goberno provincial, para os clubs deportivos da provincia, “o que demostra que a nosa aposta polo deporte non é de palabra, senón de feitos”.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 7 resultados.