A vicepresidenta Luisa Sánchez revalida o apoio da Deputación de Pontevedra aos deportes náuticos na entrega dos premios da 44Cup de Baiona
12/05/2024
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez , acudiu ao Monte Real Club de Yates de Baiona para facer entrega de trofeos do Circuíto Internacional 44Cup Baiona. Durante o acto, a vicepresidenta provincial remarcou a importancia do deporte en xeral e, en particular, manifestou a vontade da Deputación de Pontevedra de apoiar as actividades náuticas que se desenvolven na provincia, “experiencias, sen dúbida algunha, 100% Rías Baixas que constitúen, ademais, un extraordinario escaparate do destino”.