Luis López remarca o apoio da Deputación a FICBueu, un festival referente que forma parte da aposta provincial polos Rías Baixas Film Fest

O presidente asegurou que “apoiar o FICBueu é impulsar a cultura e contribuír á profesionalización do sector audiovisual pontevedrés, que tanto nos referencia” e recordou que a Deputación está a liderar un ambicioso proxecto coa Xunta para recuperar o Cine Fraga de Vigo

30/08/2024

Luis López remarca o apoio da Deputación a FICBueu

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, remarcou o papel clave da provincia na historia do cinema en Galicia na presentación do FICBueu, un dos Rías Baixas Film Fest e, tamén, experiencia 100% Rías Baixas. Durante o acto López manifestou o compromiso do goberno provincial con este festival, ao tratarse dun referente que forma parte da aposta provincial polos festivais de cinema.

“Apoiar o FICBueu é impulsar a cultura da provincia e contribuír á profesionalización do sector audiovisual pontevedrés, que tanto nos está a referenciar no mundo”, asegurou Luis López, que aproveitou para recordar que a Deputación de Pontevedra está a liderar un ambicioso proxecto coa Xunta de Galicia para recuperar o Cine Fraga de Vigo.

O presidente da Deputación tamén reivindicou o papel de Pontevedra como “provincia dos festivais”. “Nin unha fin de semana sen un grande evento relacionado coa cultura nesta provincia. Se no verán a música é a protagonista, no outono, ao igual que foi na primavera, retomamos o cinema”, asegurou López. Neste eido, o presidente explicou que “hoxe presentamos o FICBueu que acollerá esta vila en setembro, pero nestes meses que veñen por diante teremos o Galician Freaky Film Festival, o Festival de Cine Inclusivo de Vigo, o Festival do Imaxinario de Vilagarcía e Novos Cinemas en Pontevedra, todos eles integrados na nosa marca Rías Baixas Film Fest”.

Galerias de imagenes