Luis López destaca o impacto na conservación dos ecosistemas, no turismo e na economía local de celebracións como a Rapa das Bestas de Sabucedo

O presidente provincial participa na presentación desta festa de interese turístico internacional que se celebrará nesta localidade da Estrada entre o 5 e 8 de xullo

04/07/2024

Luis López en Sabucedo

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, remarca a importancia  da Rapa das Bestas de Sabucedo, unha festa declarada de interese turístico internacional, por tratarse dunha celebración “singular e propia”, que fortalece os lazos entre a veciñanza e a súa terra, que preserva os ecosistemas, dinamiza a vida social e a economía do rural, promove o turismo e, sobre todo, é unha referencia no calendario festivo de Galicia. “O noso verán non se entendería sen a Rapa das Bestas, todas as miradas do mundo teñen os seus ollos postos aquí”, destacou o mandatario provincial este xoves no acto de presentación desta festa que tivo lugar no curro de Sabucedo.

Promovida pola Asociación Rapa das Bestas, a festa deste ano celebrarase nesta localidade da Estrada desde o 5 ao 8 de xullo. Catro días de celebración en contacto coa natureza e nos que non faltará nin a gastronomía nin a música, nun programa festivo que terá nos tres curros do sábado, domingo e venres os seus momentos máis agardados. Neste sentido, o presidente López quixo poñer en valor o labor realizado polos organizadores. “Son a alma máter, a Asociación Rapa das Bestas, tedes o noso agradecemento non só polo traballo destes días, polo que facedes ao longo dos 365 días do ano”, subliñou López.

Así mesmo, o presidente da Deputación fixo fincapé na implicación da veciñanza, dos colectivos e das administracións para que a Rapa das Bestas siga atraendo visitantes de todos os lugares. Proba disto está no convenio asinado no mes de abril entre o Concello e a Deputación para a renaturalización da Carballeira do Campo Medio e que supón unha achega de 124.000 euros por parte do organismo provincial que servirá para “darlle un pulo á conservación deste magnífico enclave”. Un proxecto que forma parte do Plan de Sustentabilidade Turística do Deza

“Vivimos nunha provincia cargada de experiencias 100 % Rías Baixas, pero a Rapa das Bestas de Sabucedo, leva a palma”, afirmou o presidente Luis López, quen puntualizou que esta festa “é moito máis que cortar as crinas dos cabalos”. Segundo o mandatario provincial, a Rapa das Bestas é “unha celebración singular e propia, única. Unha celebración que nos conecta coas nosas raíces e que se transmítese de pais a fillos e é unha referencia no calendario festivo de Galicia”. Pero é no carácter ecolóxico desta celebración no que o dirixente fixo unha mención especial. “É motivo de orgullo para os que amamos esta terra, porque grazas

É a maneira de que haxa cabalos no monte, de velar pola súa saúde, de conservar os nosos ecosistemas e de prevención contra os incendios forestais”, resaltou o mandatario, quen recoñece tamén que se trata dun “motor para o emprego e a economía e fai que o rural siga a ser un piar fundamental para a provincia”.

Despois de agradecer o traballo e implicación de todos os participantes da festa e dos membros da asociación, Luis López convidou a todo o mundo a achegarse esta fin de semana a Sabucedo a desfrutar da Rapa das Bestas, unha experiencia 100 % Rías Baixas”.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.