Javier Tourís visita o inicio das obras de acondicionamento da Estación Fitopatolóxica Areeiro

22/04/2024

O deputado delegado da Estación Fitopatolóxica Areeiro, Javier Tourís, visitou esta mañá o inicio das obras que está a realizar a Deputación de Pontevedra para o acondicionamento das instalacións do centro de investigación de titularidade provincial. Os traballos están valorados en 130.000 euros en conxunto e suporán a rehabilitación e reforzo da estrutura da casona (ao que se destinan 40.000 euros) e tamén a mellora do acceso ao laboratorio de fitopatoloxía (cun orzamento de 90.000 euros).

As obras na casona solucionarán os actuais problemas de illamento, os danos na estrutura das fachadas principais e as filtracións no muro posterior, co que se garantirán a seguridade, habitabilidade e salubridade para o persoal e as actividades que realiza nesta zona. Substituiranse os elementos estruturais danados, impermeabilizaranse as fachadas leste e sur e mais o primeiro andar, e tamén se emendarán os danos producidos polas filtracións. En canto ao laboratorio, substituiranse as escaleiras de acceso ao primeiro andar, realizaranse reparacións estruturais, substituiranse os cortaventos de acceso e adecuarase o espazo baixo a nova escaleira para ser aproveitado como almacén.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.