Luis López asiste en Vigo á inauguración da XXV edición de Conxemar, a Feira Internacional dos Produtos do Mar

01/10/2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado pola vicepresidenta Luisa Sánchez, participou este martes na inauguración da vixésimo quinta edición da Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados (Conxemar), que tivo lugar no auditorio do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi). A cerimonia inaugural, na que participou tamén o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; completouse cunha demostración de cociñado a cargo do chef especializado en produtos do mar, Ángel León.

Coa súa presenza na apertura de Conxemar, Luis López amosa o apoio da Deputación a un sector clave na provincia, un dos máis importantes motores da economía e do emprego e un evento que sitúa a Vigo e á provincia como centro de referencia global deste mercado.

Galerias de imagenes