Luis López visita a Festa do Marisco do Grove, un dos grandes atractivos turísticos para desestacionalizar o destino Rías Baixas

08/10/2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado polo alcalde do Grove, Jose Cacabelos, e polos deputados Nava Castro e Marcos Guisasola; visitou este martes as instalacións da LXI Festa do marisco do Grove para degustar un dos máis recoñecidos manxares da gastronomía das Rías Baixas e que atrae cada ano a milleiros de visitantes de dentro e fóra da provincia de Pontevedra.

Esta cita, declarada de Interese Turístico nacional, conta co apoio do organismo provincial, que incrementa este ano ata os 8.000 euros a súa achega para colaborar na programación musical da festa. Unha celebración que vai na liña estratéxica para o turismo que ten trazada a Deputación e que busca a desestacionalización do destino. “Falamos dun un referente para o turismo en toda a provincia e ao celebrarse nesta época do ano contribúe enormemente a desestacionalización, que é algo que promovemos desde a Deputacioón. Traballamos para que nos visiten nos 365 días do ano”, sinalou o mandatario provincial.