Luis López asiste á final do torneo de EncestaRías, que encheu as bancadas do Municipal de Pontevedra ao atraer á provincia a equipos da elite europea do baloncesto

14/09/2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asistiu este sábado á final do Torneo EncestaRías de baloncesto celebrado no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra. Un campionato no que participaron os dous mellores equipos de Galicia, Leyma Coruña e Río Breogán; xunto con entidades da elite europea como o Valencia Basket e o AS Mónaco. O mandatario provincial foi o encargado de entregar o trofeo ao equipo subcampión do torneo.

A celebración deste campionato foi un éxito de público, así como o encontro amigable previo entre o Real Madrid e o AS Mónaco, que encheu as bancadas do pavillón. Un feito que demostra que a aposta da Deputación por acoller eventos deportivos de interese internacional está a ser un acerto.

Galerias de imagenes