Luis López participa en Vigo na procesión da Festividade do Santísimo Cristo da Vitoria

04/08/2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto coa vicepresidenta Luisa Sánchez, participou este domingo na procesión da Festividade do Santísimo Cristo da Vitoria de Vigo, a procesión relixiosa máis multitudinaria de toda Galicia. O dirixente provincial acompañou a Confraría do Santísimo Cristo nun percorrido que partiu da concatedral de Santa María, pasou polas principais rúas do centro de Vigo e rematou na Porta do Sol.

Galerias de imagenes

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.