A vicepresidenta Luisa Sánchez participa na entrega de premios da Vigo Battle of Teams

14/07/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este domingo na esplanda do Peirao de Transatlánticos de Vigo no acto de entrega de premios da Vigo Battle of Teams, unha cita que chegou este ano á súa sétima edición e que converteu ao longo desta fin de semana á cidade na capital europeoa do CrossFit e o CrossTraining. A competición reuniu a máis de 1.000 deportistas que participaron nas diferentes categorías (PRO, INTRO, RX e Máster) nos seus diferentes escenarios no monte Fragoselo, Samil e o porto de Vigo.