A vicepresidenta Luisa Sánchez presenta a Vigo Battle of Teams, “a proba deportiva que converterá á cidade na capital europea do CrossFit e CrossTraining”

12/07/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acaba de participar no acto de presentación da Vigo Battle of Teams, “a proba deportiva que converterá á cidade na capital europea do CrossFit e CrossTraining”.  Sánchez remarcou que esta actividade levará ata lugares como o porto de Vigo, Fragoselo ou Samil a máis de 800 “gladiadores chegados de lugares como Portugal, Bélxica, Italia, Francia, Andorra e, por suposto, do conxunto de España”. Neste eido felicitou ao equipo organizador, que leva dende o 2015 promovendo esta proba deportiva que se ten convertido xa nun importante “revulsivo para a dinamización económica de Vigo”, e manifestou a vontade de seguir impulsando desde a Deputación “o deporte e todas as súas modalidades co obxectivo de situar a Vigo e ao conxunto da provincia nun lugar privilexiado para a súa práctica”.