A vicepresidenta da Deputación Luisa Sánchez subliña a importancia de manter vivas as tradicións nas festas de San Cristovo de Candeán

14/07/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acudiu hoxe aos festexos de San Cristovo de Candeán organizados pola Irmandade de Festas da parroquia viguesa. Na celebración, Sánchez puxo en valor “a implicación veciñal para defender, protexer e permitir que sobrevivan as nosas tradicións” e o “importantísimo legado que forma parte da nosa identidade cultural”. Neste eido remarcou a necesidade de manter vivas as tradicións e tendeu a man da Deputación de Pontevedra para seguir colaborando con iniciativas como esta, recordando que a institución provincial financiou a través do programa Culturea as actuacións da charanga Os Charamujas, da Banda de Gaitas de Matamá e da animación infantil a cargo de Fictiones programadas ao abeiro das festas de San Cristovo de Candeán.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 7 resultados.