A vicepresidenta Luisa Sánchez participa na presentación da campaña “Cada neno un xoguete”

04/10/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou hoxe no Centro Comercial Camelias de Vigo na presentación da campaña “Cada neno un xoguete”, unha iniciativa que a Asociación STOP puxo en marcha no ano 2009 para recadar xoguetes para nenos de familias necesitadas. A vicepresidenta animou á cidadanía a “sumar o noso gran de area para conseguir que ningún neno de Vigo nin da provincia sexa consciente do que lle falta. Consigamos sumar sorrisos, sexamos solidarios e aportemos ese xoguete en bo estado que temos gardado” para colaborar coa campaña, que está en marcha ata o 4 de xaneiro.

Desta maneira, Sánchez convidou á cidadanía a contribuír e superar as cifras acadadas no 2023, ano no que se repartiron máis de 21.000 xoguetes, ben directamente ou a través das entidades e organizacións benéficas colaboradoras. Asemade, amosou o compromiso do Goberno provincial co benestar da cidadanía da provincia. "Queremos que os nosos veciños, vivan onde vivan, teñan as mesmas oportunidades e posibilidades, e traballaremos con esforzo para conseguilo”, engadiu.

 

Galerias de imagenes