A vicepresidenta Luisa Sánchez fai entrega de agasallos á campaña “Cada niño un juguete”
04/12/2024
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, visitou hoxe o local que a campaña solidaria “Cada niño un juguete” ten na rúa García Barbón de Vigo. Alí percorreu as instalacións de recollida e reparto da iniciativa xunto co seu director, Carlos Leiro, e fíxolle entrega de packs de agasallos con libros e material de papelería para animar á participación. Stop Vigo, entidade que impulsa esta iniciativa desde 2009 para que ninguén neno ou nena se quede sen xoguete e Nadal, conta cunha trintena de puntos de recollida e o obxectivo é superar os máis de 21.000 xoguetes recollidos na campaña anterior.