O vicepresidente Rafa Domínguez na apertura da xornada “Alzheimer de preto” en Pontevedra

31/10/2024

Apertura da xornada Alzheimer de preto en Pontevedra
Apertura da xornada Alzheimer de preto en Pontevedra

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou esta mañá na apertura da xornada “Alzheimer de preto” que promove o organismo provincial xunto coa Federación Atlántica de Asociacións de Familias de Persoas con Azlhéimer e outras demencias (FADEAL). Domínguez recordou que se tratan dunhas xornadas que están a percorrer todos os concellos da provincia para ofrecer unha aproximación á enfermidade de Alzheimer e outras doenzas neurodexenerativas, achegando unha visión horizontal e global do que supoñen. Neste eido, asegurou que unha de cada dez persoas maiores de 65 anos e un 33% das maiores de 85 padecen unha demencia e, delas, entre o 50 e o 70% correspóndense co alzhéimer.  Por estes motivos, o vicepresidente provincial subliñou a importancia de iniciativas como “Alzheimer de preto”, remarcando o importante traballo das asociacións que traballan para atender tanto ás persoas afectadas como ás súas familias e incidindo na necesidade de avanzar na investigación sobre a enfermidade.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 7 resultados.