A Deputación recibiu máis de 1.500 menores de 57 concellos nos Campamentos A Lanzada

O venres celebrouse a despedida do verán coa elección da mascota “O león Ramón”, elaborada polos cativos da décima quenda e que será a imaxe do programa no 2025

09/09/2024

mascota do campamento da lanzada 2024

Coa tradicional festa de despedida e coa elección da súa nova mascota, os Campamentos A Lanzada promovidos pola Deputación chegaron esta fin de semana ao seu remate despois de dous meses e medio de intensa actividade deportiva, de lecer e de educación en valores da que puideron desfrutar 1.540 rapaces de 57 concellos da provincia. A proposta O león Ramón, que foi presentada polos rapaces da décima quenda dos campamentos, foi elixida gañadora por un xurado do que formou parte o deputado de Xuventude, Jorge Cubela, e será polo tanto a imaxe do programa provincial para o vindeiro ano 2025.

Todas as figuras candidatas foro elaboradas polas nenas e nenos con materiais naturais e de refugallo e, en concreto, a gañadora foi feita con cartón, pinturas e piñas. Esta mascota, O león Ramón, impúxose ao Porco Espiño Eustaquio, Cerdoasno, Tótem de Emocións, O fiuncho Caruncho, Pava Cucuruxa, Pollo Rococo, O cormorán Adrián, Lupita e Firulais, elaboradas no resto das quendas deste verán.

En total, desde finais de xuño e ata a pasada semana celebráronse once quendas nas que cada semana estiveron 140 crianzas de entre 8 e 13 anos. A través dos Campamentos A Lanzada os cativos puideron gozar dun amplo programa de actividades de multiaventura e tempo libre, algunhas delas en lingua inglesa, entre as que se atopaban xogos e deportes, actividades na praia ou ao aire libre relacionadas co medio natural, así como artísticas e nocturnas. Tamén teatro, contacontos, baile ou actividades culturais. Ademais, visitaron a Illa de Ons e realizaron en cada quenda unha segunda excursión cultural, deportiva ou relacionada coa natureza e o coidado do medio ambiente.

 

videos

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.