#CULTURA

AS CHARLAS DE SANTA CLARA, A DEMANDA

A igrexa de Santa Clara foi escenario nos meses de novembro e decembro de sete charlas, sobre os resultados das escavacións que se realizaron no recinto relixioso, para coñecer máis sobre a historia e a vida das Clarisas durante os máis de 700 anos nos que o conxunto permaneceu pechado ao público. Este estudo deu bases para que o conxunto poida rehabilitarse e incorporarse como novo edificio ao Museo de Pontevedra.


Todos os relatorios están dispoñibles para ver a demanda na canle de YouTube da Deputación. Nela, ademais, pódense consultar as presentacións das persoas relatoras e as galerías fotográficas de cada unha das sesións.

“Ósos, cacharros, clausura e chocolate. Primeiros resultados da escavación en Santa Clara”

Rafael M. Rodríguez Martínez, director do proxecto e arqueólogo provincial.

Israel Picón Platas, codirector da intervención e arqueólogo (Citania).

Primeira aproximación aos resultados dos achados que se obtiveron nos 780 m2 de catas. Entre outros elementos, atopáronse preto de 8.000 pezas de cerámica.

Galería de fotos

Vídeo

Noticia

Presentación

“Cando as paredes falan”

Victoriano Nodar. Responsable de arqueoloxía de paramentos.

Charla sobre a lectura de alzados e paramentos interiores e exteriores dos edificios. Trata sobre as diferentes construcións e muros e o momento no que se edificaron.

Galería de fotos

Vídeo

Noticia

Presentación

“Compoñendo crebacabezas”

Aldara Rico, responsable dos traballos de conservación e restauración dos materiais mobles que se localizaron durante os traballos arqueolóxicos.

Percorrido, entre outras cousas, polos milleiros de pezas de cerámica e outro tipo de obxectos singulares que se atoparon nas diferentes catas.

Galería de fotos

Vídeo

Noticia

Presentación

“A vida a través da morte. Aproximación ao estudo das individuais recuperadas no convento de Santa Clara”

Doutora Olalla López e Clara Veiga, antropólogas.

Charla sobre as inhumacións que se realizaron e as características dos restos óseos que se atoparon en diferentes puntos do convento, que achegaron información sobre o estilo de vida e a alimentación na congregación, entre outras cousas sobre a posible anorexia das Clarisas e outras anécdotas.

Galería de fotos

Vídeo

Noticia

Presentación

“Os papeis de Santa Clara”

Doutor Suso Vila.

Charla sobre a investigación histórico-artística e o baleirado documental sobre o convento no que se baseou o estudo histórico-artístico. Entre outras anécdotas, neste estudo nárrase a rebelión das monxas de Santa Clara fronte aos Franciscanos da cidade pola súa “tiranía”.

Galería de fotos

Vídeo

Noticia

Presentación

“Conferencia de (case) clausura”

Doutor Xurxo Ayán.

Charla sobre a historia do convento e das Clarisas nas épocas Moderna e Contemporánea. Aborda a etapa do franquismo. Inclúe a explicación sobre a munición e os elementos dos batallóns carlistas que se atoparon dentro do recinto.

Galería de fotos

Vídeo

Noticia

Presentación

“Plantas no pasado e no presente do convento de Santa Clara”

Doutoras María Martín e Carmen Salinero.

Percorrido sobre a botánica que existía dentro do recinto relixioso a raíz da análise dos carbóns que se atoparon no predio, das madeiras existentes e, tamén, das fibras naturais que se encontraron nalgunhas escavacións, que pertencían fundamentalmente aos soterramentos.

Galería de fotos

Vídeo

Noticia

Presentación

Presentación