![](/documents/37861/38348/ADEPO3.jpg/f01ede30-6a8f-b35b-0c9a-8b97084068c3?t=1698926504636)
#TRANSPARENCIA
Mobilidade e Medio Ambiente
A continuación inclúese información de infraestruturas viarias e da mobilidade da provincia, coma a rede de estradas, os plans orientados a considerar e valorizar o espazo público e proxectos e obras.
Por outra banda, a Deputación de Pontevedra no seu compromiso co medio ambiente asume como prioritaria a loita contra o cambio climático, elaborando proxectos concretos en prol dunha mobilidade sostible, unha maior eficiencia enerxética e un comercio de proximidade que reduza as emisións contaminantes. Neste apartado inclúense aqueles plans e servizos incluídos na axenda ambiental e amósase o carácter transversal da transición ecolóxica na acción do Goberno, que traballa para mellorar a calidade de vida da veciñanza a través dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) das Nacións Unidas.