Entrega de premios do XXI Torneo Internacional de Tenis ITF Junior
22/10/2023
A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Marta Fernández-Tapias, acudiu hoxe á entrega de premios do XXI Torneo Internacional de Tenis ITF Junior, organizado polo Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo e que reuniu ao longo da última semana a 32 dos mellores tenistas do mundo en categoría júnior.
Fernández-Tapias felicitou aos gañadores, que se suman “a unha longa lista de estrelas que pasaron por estas pistas, entre as que destacan nomes como Carlos Alcaraz, Roberto Bautista, Pablo Carreño ou Paula Badosa”, facendo ademais fincapé no “alto nivel que demostraches” ao longo de toda a semana. O acto contou coa presenza do secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete.