A Deputación avanza na actuación de mellora da seguridade e mobilidade peonil na subida a Arcos en Meis

As obras, que rematarán antes do verán e contan cun orzamento de 222.354 euros financiados integramente pola institución provincial, contemplan a creación dunha senda peonil ao longo dos 320 metros da estrada provincial EP9401

02/04/2023

Visita a Meis

O deputado de Infraestruturas Gregorio Agís, e a alcaldesa de Meis, Marta Giráldez, veñen de visitar os traballos que se están a realizar na EP-9401 Travesía Meis-San Salvador-Enlace Autovía AG-41, coñecida como subida a Arcos. As obras, que comezaron en xaneiro e permitirán mellorar a mobilidade peonil da zona, avanzan a bo ritmo ao completar xa máis da metade dos traballos e comezar esta mesma semana coas tarefas de formigonado. A actuación, cuxo remate estímase para antes do verán e conta cun orzamento de 222.354 € financiados integramente pola institución provincial, permitirá crear unha senda peonil ao longo desta estrada de 320 metros que conecta con outra estrada provincial, a EP-9403, e a autovía do Salnés.

As obras que se están a desenvolver dotarán á estrada dunha senda peonil de 2,5 metros de ancho e formigón coloreado na marxe esquerda, así como nos treitos inicial e final da mesma, creando un itinerario peonil cómodo e seguro. Tamén contempla a renovación do pavimento e o ensanche da estrada coa execución do paquete de firme completo nas zonas onde é necesario.

Ademais estase a reforzar a seguridade viaria coa execución de tres pasos de peóns sobreelevados (PPS) e a renovar a sinalización horizontal e vertical en todo o treito, así como a mellora da drenaxe lonxitudinal, a instalación de canalizacións e arquetas para o soterramento das redes de baixa tensión e telecomunicacións, e a execución dunha nova rede subterránea de alumeado público.

Galerias de imagenes

videos

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.