SmartPeme ofrece esta semana cinco novas accións formativas

O programa de asesoramento tecnolóxico imparte formacións de ciberseguridade, creación de páxinas web, Trello, video márketing ou Blockchain e criptomoedas

15/01/2023

SmartPeme

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta as cinco novas formacións online para esta semana, enmarcados na carteira de obradoiros de Smartpeme. As accións tratarán temas como os uso da VPN, recomendacións para crear unha páxina web, mellora da produtividade, contido audiovisual e Blockchain.

Os obradoiros darán comezo este luns 16 pola mañá, no primeiro, a temática versará sobre ciberseguridade co experto en robótica, programación e impresión 3D, Manuel Freire. O obxectivo do obradoiro “Ciberseguiridade, o uso da VPN” é o de fomentar o uso das VPN, por que se deben usar e de que forma protexen.

O martes 17, impartirase unha nova formación guiada pola licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, María Aller, que dirixirá “Consideracións previas para crear a túa páxina web” un obradoiro no que se amosarán os primeiros pasos para crear unha web.

O mércores 18 haberá dúas accións formativas; pola mañá a licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, Fátima Faílde, impartirá o curso “Mellora a túa produtividade con Trello e outras aplicacións II”, para ensinar técnicas de produtividade e ferramentas que permiten transformar as tarefas. Na quenda de tarde o protagonista será o vídeo márketing. Lara Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos e de Deseño Gráfico, explicará a como comezar a crear un contido audiovisual interesante, dinámico e fácil de compartir no taller “Vídeo Márketing I – Contido audiovisual, a última tendencia”.

Finalmente o curso do venres 20 de xaneiro, “Blockchain e criptomoedas”, pechará a semana lectiva. Con esta formación iníciase unha serie de obradoiros informativos relacionados coa tecnoloxía Blockchain. Neste curso abordarase o tema das criptomoedas. A formación estará impartida, novamente, por Manuel Freire.