Luis López e Rafa Domínguez abordan os retos inmediatos e de futuro do Museo coas súas responsables, Ángeles Tilve e Cruz Farto
21/11/2023
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o vicepresidente segundo e responsable do Museo de Pontevedra, Rafa Domínguez, mantiveron este martes un encontro de traballo coa directora do Museo, Ángeles Tilve, e a directora de xestión desta entidade pertencente á Deputación, Cruz Farto, para analizar os retos inmediatos e de futuro que ten que afrontar esta institución.
Entre os asuntos tratados, está a adaptación dos proxectos de rehabilitar Santa Clara ou dos plans para a rehabilitación dos edificios centrais do Museo, así como outros asuntos relacionados coa actividade diaria do Museo de Pontevedra.