Reunión do vicepresidente, Rafa Domínguez, coa Asociación de Comerciantes e Empresarios da Parda
12/12/2023
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de reunirse coa Asociación de Comerciantes e Empresarios da Parda (Pontevedra) para abordar proxectos compartidos de futuro. O Goberno de Luis López colaborou xa con esta asociación nestes primeiros meses de mandato e o vicepresidente provincial comprometeuse a seguir tendendo pontes, abrindo vías e propostas para seguir a impulsar iniciativas de cara aos vindeiros meses.