O vicepresidente da Deputación de Pontevedra participou na inauguración da IV Xornada sobre Responsabilidade Social Empresarial
24/11/2023
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou no Liceo Casino de Pontevedra na inauguración da IV Xornada sobre Responsabilidade Social Empresarial, acompañado polo presidente de Foro Empresa Pontevedra, Arturo Ramírez, pola conselleira de Emprego e Igualdade, Elena Rivo, e polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.
No encontro, organizado polo Foro Empresa Pontevedra, Domínguez remarcou a importancia da responsabilidade social, algo que “cada vez nos demandan máis desde a sociedade civil”. O vicepresidente provincial asegurou que desde as institucións públicas “temos a obriga de comportarnos dun xeito responsable, coa maior das éticas, porque estamos gobernando para as persoas que depositan en nós a súa confianza”. Nesta liña, quixo facer fincapé no “compromiso” do novo Goberno da Deputación “con manter os máis altos estándares de esixencia coa nosa acción para ser responsables”.