Marta Fernández-Tapias reuniuse co presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC)
19/12/2023
A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, reuniuse esta mañá no Pazo provincial da institución provincial co presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC), Carlos Lorenzo. Na xuntanza, a vicepresidenta remarcou a firme aposta do Goberno provincial pola cultura, eixe estratéxico deste mandato, e amosou a súa vontade de colaborar con AGPXC “para impulsar proxectos compartidos que sumen sinerxías e tendan pontes para que a industria cultural da provincia de Pontevedra siga a referenciarnos por todo o mundo”.