A Deputación destina 800.000 euros aos clubs deportivos da provincia que participan en competicións de ámbito estatal

As achegas repártense entre 84 clubs de 26 concellos de disciplinas como atletismo, balonmán, voleibol, esgrima ou ciclismo

18/06/2022

O Goberno da Deputación ven de aprobar a concesión de achegas por 800.000 euros aos clubs deportivos da provincia que participan en competicións oficiais de ámbito estatal,  recursos que chegarán a 84 clubs de 26 concellos. Estas subvencións concédense en réxime de concorrencia competitiva e a institución provincial, ademais de ter en conta para a súa asignación o orzamento dos clubs ou o número de licencias, puntúa “de xeito especial ás licencias femininas e de deporte adaptado porque realmente están en inferioridade de condicións para practicar deporte”. A presidenta Carmela Silva tamén destacou a variedade de modalidades que se practican nestes clubs como atletismo, balonmán, voleibol, esgrima ou ciclismo, o que supón por parte da Deputación “unha aposta moi importante polo deporte na provincia de Pontevedra”.

Estes recursos chegarán a todas as comarcas da provincia. Á de Deza e Terra de Montes terá 38.060 € para 4 clubs de 2 concellos. Serán 18.395 € para 2 clubs de Lalín e 19.665 € para outros dous clubs da Estrada. Os fondos tamén chegarán á comarca do Salnés con 67.048 euros para 8 clubs de 6 concellos que se repartirán entre Vilagarcía con 31.000 € para 2 clubs; Ribadumia con 16.820 € para 1 club; Sanxenxo con 11.753 € para 2 clubs; Cambados con 4.912 € para 1 club; Meaño con 2.108 € para 1 club; e Catoira con 455 € para 1 club. Ademais, a comarca de Pontevedra recibirá 122.413 euros para 11 clubs de 3 concellos. Serán para Pontevedra con 102.581 € para 8 clubs; Caldas de Reis con 2.376 € para un club; e Marín 17.456 € para dous clubs.

Para a comarca do Morrazo foron aprobados 64.873 € para 6 clubs de 3 concellos que chegarán a Bueu con 15.935 € para 2 clubs, Cangas con 35.170 € para 3 clubs e Moaña con 13.768 € para 1 club. E para a comarca de Vigo outros 420.805 euros para 45 clubs de 6 concellos, que se reparten do seguinte xeito: Vigo con 230.316 € para 29 clubs; Redondela con 120.037 € para 6 clubs; Mos con 18.300 € para 2 clubs; Nigrán con 14.306 € para 3 clubs; Gondomar con 5.240 € para 1 club; e O Porriño con 32.606 € para 4 clubs.

A comarca do Baixo Miño terá 32.125 € para 3 clubs de 3 concellos. Os fondos provinciais irán a parar a un club do Rosal que recibirá 20.413 €, a outro de Oia que contará con 5.712 € e a outro da Guarda con 6.000 €. Do mesmo xeito, tamén se aprobaron fondos para a comarca do Condado e da Paradanta con 54.638 € para 7 clubs de 3 concellos. Serán Ponteareas con 28.571 € para 5 clubs, A Cañiza con 19.350 € para 1 club e As Neves con 6.717 € para 1 club.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 10 resultados.