A Deputación activa 2,5 millóns en política social en cooperación cos concellos e coas entidades da provincia

Un total de 2,3 millóns destínanse ao Plan de Cofinanciamento de Servizos Sociais Comunitarios, que permite aos concellos de menos de 20.000 habitantes sufragar os gastos do Servizo de Axuda no Fogar e aos custos de persoal dos servizos sociais

05/05/2023

CArmela Silva

A Deputación vén de mobilizar 2,5 millóns de euros en accións dirixidas aos concellos en materia de política social, destinados ao Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais nos 51 concellos de menos de 20.000 habitantes, así como ao programa provincial Depo en Marcha, do que se beneficiarán 130 asociacións da provincia.

No Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais, a institución provincial pon a disposición dos concellos a cantidade de 2,3 millóns de euros, dos que 1,2 millóns (1.225.193€) son para sufragar a prestación directa do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e os restantes 1,1 millóns (1.131.709€) para os custos do persoal dos Servizos Sociais Comunitarios. Como explicou a presidenta provincial, Carmela Silva, o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) “atende a maiores con déficits de autonomía e a persoas con discapacidade, amais de dar unha resposta preventiva e socializadora a familias en risco de exclusión”. No caso do persoal, fináncianse a contratación de persoas traballadoras administrativas e tituladas medias e superiores dos Servizos Sociais Comunitarios destes concellos, entre os que se inclúen os profesionais do Servizo de Educación e Apoio Familiar.

Por comarcas, O Salnés recibirá no conxunto do plan 511.259€, repartidos do seguinte xeito: Cambados (47.163 €), Catoira (21.337 €), O Grove (65.235€), A Illa (21.014€), Meaño (55.042€), Meis (37.239€), Pontecesures (27.681 €), Ribadumia (29.296€), Sanxenxo (80.374 €), Valga (43.939 €), e Vilanova (82.939€). Pola súa banda, a de Pontevedra suma 419.214€, cos concellos de Barro (31.591€), Caldas (50.907 €), Campo Lameiro (25.317 €), Cuntis (47.535€), A Lama (33.838€), Moraña (23.577 €), Poio (90.550€), Ponte Caldelas (52.946 €), Portas (35.821 €) e Vilaboa (27.132€). No caso da comarca do Deza, percibirá 239.582€, co seguinte reparto: Agolada  (50.632€), Dozón (34.360), Rodeiro (32.899€), Silleda (60.847€) e Vila de Cruces (60.844€). E Terra de Montes 98.620, dos que 59.534€ corresponden a Cerdedo-Cotobade e os restantes 39.086€ a Forcarei.

No que atinxe á comarca de Vigo, a contía suma 214.731€, distribuídos nos concellos de Fornelos (18.889€), Mos (80.864€), Pazos de Borbén (24.094), Salceda (60.262€) e Soutomaior (30.622 €). No caso do Val Miñor, recibirá 189.610 euros, que se repartirán entre Baiona (51.614€), Gondomar (56.882€) e Nigrán (81.114€) e, no do Baixo Miño, serán 244.689€, para A Guarda (59.866€), Oia (12.020€) O Rosal (33.861), Tomiño (59.042€) e Tui (79.900€). Amais, O Condado recibirá 168.434 euros, entre Mondariz (56.079€), Mondariz-Balneario (22.697€), As Neves (36.733€), e Salvaterra (52.925€) e a comarca da Paradanta 137.915€, distribuídos deste xeito: Arbo (12.786€), A Cañiza (55.846€), Covelo (36.387€) e Crecente (32.896€). Por último, O Morrazo suma 132.833€, dos que 51.786€ corresponden a Bueu e 81.047€ a Moaña.

Depo en Marcha

Na Xunta de Goberno aprobouse hoxe o listado das 130 asociacións de 45 concellos ás que se conceden as actividades formativas (tamén 130, unha por asociación) das que consta o programa provincial Depo en Marcha cun orzamento de 146.000 euros. Esta iniciativa, como subliñou Carmela Silva, está dirixida a asociacións de persoas maiores, xubiladas e pensionistas da provincia, “para favorecer o envellecemento activo con obradoiros que son espazos de encontro e intercambio de experiencias, fomentar a independencia e evitar illamento e soidade”.

As asociacións beneficiarias repártense por todas as comarcas da provincia. Na de Pontevedra serán 36, repartidas nas 23 do municipio pontevedrés; 2 en Moraña e 2 en Campo Lameiro; 4 en Caldas de Reis; 2 en Marín; 1 na Lama; 1 en Campo Lameiro e 1 en Vilaboa. No Salnés son 18 colectivos, repartidos da seguinte forma: Sanxenxo (2); Vilagarcía (7); O Grove (2); Vilanova (1); A Illa (1); Cambados (2); Meaño (1); Ribadumia (1); Catoira (1). Na comarca do Deza, son 9 as seleccionadas, distribuídas nas 3 de  Lalín; 5 de Silleda e 1 de Vila de Cruces, mentres que na de Terra de Montes suman 9, das que 5 son da Estrada; 3 de Cerdedo-Cotobade e 1 de Forcarei. Por outra banda, na comarca de Vigo son 30 as entidades beneficiarias, en concreto 10 na cidade olívica, 10 en Redondela, 1 en Fornelos, 4 en Salceda de Caselas, 3 en Mos, 1 en Pazos de Borbén e 1 en Soutomaior. No Morrazo son 7 as entidades, 3 en Bueu, 3 en Moaña 1 e en Cangas. Na comarca do Val Miñor suman 6,  con 1 en Gondomar; 2 en Nigrán e 3 en Baiona e, na comarca do Baixo Miño un total de 4, repartidas en A Guarda (1); Tui (1); Oia (1); O Rosal (1). Por último, nas comarcas do Condado-A Paradanta serán 10 as entidades beneficiarias, 6 en Ponteareas; 2 en Arbo; 1 en Crecente e 1 en Mondariz.

audios

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.