O deputado de Deportes, Gorka Gómez, vén de recibir no Pazo Provincial ao patinador de velocidade Sebastián “Chevi” Guzmán tras acadar tres medallas de ouro no campionato do mundo de Arxentina

17/11/2022

Gómez, que valorou a importancia de “apoiar e visibilizar todos os deportes e todos os éxitos”, remarcou o “espectacular” trunfo e “historia de vida de Chevi”, que chegou ao noso país fai catro anos e agora está a sumar metais á provincia.  Tamén recoñeceu o “mérito” das/dos deportistas que compiten a este alto nivel compaxinando a “vida familiar e deportiva” e recoñeceu o “gran traballo que fan coa base” as adestradoras e o club, achegando á rapazada os hábitos e valores do deporte.

Pola súa banda, “Chevi” Guzmán, agradeceu a axuda da Deputación e do conxunto de persoas “que están sumando o seu gran de area para que o patinaxe medre” e salientou o labor de Gorka Gómez por levar o deporte a todos os recunchos da provincia. Amais amosou a súa satisfacción porque a patinaxe sexa cada vez máis coñecida e estea xa “notoriamente presente no deporte nacional”.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 7 resultados.