Rafa Domínguez e Sandra Bastos acudiron á presentación do libro 8 sinais, cuestión de vida ou morte

10/11/2023

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, e a deputada de Igualdade, Sandra Bastos, acudiron á presentación do libro 8 sinais, cuestión de vida ou morte, de Noelia Míguez e Patricia Calveiro, no que a primeira conta o que viviu a mans da súa exparella: tres anos de malos tratos físicos e psicolóxicos que remataron con el propinándolle 8 puñaladas cunhas tesoiras.

No acto, organizado pola Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra (Femupo) en O Sanatorio, en Pontevedra, a titular provincial de Igualdade lembrou a importancia de “seguir loitando xuntas para erradicar esta eiva social que é a violencia de xénero, porque as mulleres temos dereito a ter unha vida digna, libre de violencias e en igualdade de condicións”, e amosou o compromiso da Deputación “para seguir impulsando iniciativas que nos permitan acadala máis pronto que tarde”.

 

Galerias de imagenes