O programa da Deputación SmartPeme ofrece esta semana seis novos obradoiros formativos

O programa de asesoramento tecnolóxico imparte formacións sobre ciberseguridade, acoso na empresa, MailChimp, blogs turísticos, emitir eventos e WhatsApp Business

12/03/2023

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferte seis novas accións formativas para esta semana, enmarcadas na súa carteira de obradoiros online. As accións tratarán temas como a suplantación de identidade, o acoso por razón de xénero na empresa, creación de e-mail marketing, creación de blogs, emisión de eventos en liña e o funcionamento de WhatsApp Business.

Os obradoiros darán comezo este luns 13 de marzo ás 10.00 da maña. Manuel Freire, experto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D, será o encargado de impartir a formación “Ciberseguridade, Ramsonware e suplantación de identidade”, a través da cal se explicará en que consiste este ciberataque que está crecendo en popularidade e adopta múltiples formas.

O martes 14, en horario de tarde e vía Zoom, terá lugar a acción “Xestión do acoso por razón de xénero na empresa”, centrada na importancia de elaborar un protocolo de acoso e cales son as obrigas empresariais ao respecto.  Neste obradoiro, a cargo da graduada en Relacións Laborais e Recursos humanos pola Universidade de Vigo, María José Márquez, tamén se proporcionarán os coñecementos necesarios para identificar os tipos de acoso existentes.

O mércores haberá dobre sesión. Na queda da mañá, as 12.00 horas, Fátima Faílde licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, exporá “Crea unha campaña de e-mail márketing con MailChimp”, para dar a coñecer esta ferramenta gratuíta a través dun percorrido sinxelo polas súas seccións e aprender a crear listas de bases de datos, deseñar formularios e redactar newsletters. Na quenda da tarde, ás 17.00 horas, terá lugar o curso “Como crear o teu blog turístico” no que Patricia Cabaleiro, posgraduada en Turismo, contará os beneficios desta ferramenta, dando a coñecer o proceso de creación dun blog desde cero, ideas para os posts e aspectos a ter en conta para escribir nel.

O remate de semana tamén contará con dous obradoiros. O xoves 16 ás 11 da mañá, Manuel Freire volverá a impartir unha formación, neste caso “Como emitir o teu evento en liña de xeito profesional ll”, no que explicará como mellorar os eventos en liña que se levan a cabo cos clientes e a difusión de contido. Finalmente pola tarde, ás 18.00 horas, celebrarase “Así funciona WhatsApp Business”, impartido polo enxeñeiro informátivo José Luís Taboada, que dará a coñecer esta ferramenta coa que as empresas e negocios poden interactuar cos seus clientes  dunha forma sinxela e profesional.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 14 resultados.