Máis dun cento de expertas dos ámbitos museístico, universitario e educativo analizan no Museo o futuro da educación patrimonial

O Museo de Pontevedra acolle este xoves e venres a segunda edición das Xornadas sobre Museos e Educación Patrimonial, co lema ‘Construíndo futuros desde a educación’

02/11/2022

II Xornadas sobre Museos e Educación Patrimonia

O Museo de Pontevedra será durante dous días o centro do debate sobre o futuro da educación patrimonial. Máis dun cento de profesionais dos ámbitos dos museos, a universidade, a acción cultural, profesorado e estudantado chegados de toda a Península participan este xoves 3 e o venres 4 de novembro nas II Xornadas sobre Museos e Educación Patrimonial, co lema ‘Construíndo futuros desde a educación’.

As xornadas están dirixidas por José Manuel Rey, director do Museo de Pontevedra, e Belén Castro, coordinadora da Área de Didáctica das Ciencias Sociais da USC. Os relatorios serán a cargo de María Jesús Rubio Visiers do Museo Arqueológico Nacional e Carmen Palacios do Museo Würth La Rioja. Nas mesas redondas participarán profesionais do eido museístico, como Miguel Ángel Cajigal, da Fundación Cidade da Cultura; Encarna Lago, da Rede Museística de Lugo; Alexandra Falcão, do Museu de Lamego (Portugal); e Ana Estévez e Carme Campo, do Museo do Pobo Galego.

Tamén profesionais da acción cultural como Beatriz Gallego, de Labrit Patrimonio; e Trinidad Canosa, da ONCE; e investigadoras académicas, como Laura Lucas Palacios, da Universidad Complutense de Madrid; Cristina Sánchez-Carretero, de INCIPIT-CSIC; Ángel Portolés, da Universitat Jaume I; Cosme Gómez, da Universidad de Murcia; Myriam Martín, da Universidad de Huelva; e Ana Portela e Júlia Castell, da Universitat de Barcelona.

As persoas participantes porán en común experiencias en educación patrimonial e debaterán sobre os camiños a seguir neste eido. O encontro deste ano ten tres eixos: unha educación patrimonial para o cambio social; os novos formatos e medios na educación e acción cultural; e a creación de redes de colaboración entre institucións.

Nestas temáticas encaixan as 16 iniciativas e investigacións que se presentarán na sesión de pósteres, con experiencias e estudos de equipos das universidades de Santiago de Compostela, Vigo, Valladolid, Huelva, Zaragoza, Murcia e o País Vasco, ademais das achegadas por outras entidades como a Cámara Municipal de Matosinhos (Portugal), BenCuriosa, o IES Pontecaldelas e o Instituto de Estudos Ulloáns.

PROGRAMA

Xoves 3 de novembro

  • 09:00-9:30. Entrega de acreditacións
  • 09:30-10:00. Acto inaugural
  • 10:00-10:45. Relatorio. María Jesús Rubio Visiers, Museo Arqueológico Nacional
  • 10:45-11:45. Mesa 1. Educación patrimonial para o cambio social. Coordinan: Encarna Lago, Rede Museística Provincial de Lugo; Laura Lucas Palacios, Universidad Complutense de Madrid; Alexandra Falcão, Museo de Lamego
  • 11:45-12:15. Pausa café
  • 12:15-13:45. Workshop: acción educativa e aprendizaxe transformadora no Museo de Pontevedra. Coordina Sabela Santos Filgueira.
  • 16:00-17:30. Sesión de obradoiros simultáneos

Obradoiro 1. Recuperar a memoria dende o cotiá. Beatriz Gallego, Labrit Patrimonio

Obradoiro 2. Comunidades patrimoniais. Ángel Portolés Górriz, Projecte Patrimoni. Programa d'Extensió Universitària - PEU. Universitat Jaume I

  • 17:30-18:00. Pausa café
  • 18:00-19:00. Mesa 2. Tecendo redes: sinerxias e colaboracións entre institucións. Coordinan: Cosme Gómez Carrasco, Universidad de Murcia; Ana Estévez, Carme Campo, Museo do Pobo Galego, e Trinidad Canosa, ONCE; Cristina Sánchez-Carretero, INCIPIT-CSIC

Venres 4 de novembro

  • 09:30-10:45. Sesión de pósteres. Coordina: Ana Portela Fontán, Universitat de Barcelona
  • 10:45-11:45. Mesa 3. Novos medios e formatos na educación e acción cultural. Coordinan: Miguel Ángel Cajigal, Fundación Cidade da Cultura de Galicia; Júlia Castell Villanueva, Universitat de Barcelona; Myriam Martín Cáceres, Universidad de Huelva
  • 11:45-12:15. Pausa café
  • 12:15-13:00. Relatorio. Carmen Palacios Hernández, Museo Würth La Rioja
  • 13:00-13:30 Peche e despedida
— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.