De Rosalía a Del Riego: a Deputación pon en marcha ‘O Camiño Andado das Letras’, un proxecto para celebrar o 60 aniversario do Día das Letras Galegas
A web da Deputación publicará ata o 17 de maio unha ficha diaria con información sobre as persoas escritoras máis relevantes do país
24/02/2023
O departamento de Lingua da Deputación de Pontevedra, da man de Polo Correo do Vento, vén de poñer en marcha ‘O camiño andado das letras’, un proxecto para celebrar o 60 aniversario do Día das Letras Galegas -que se cumpre este ano- cun percorrido polas persoas autoras ás que se lle dedicou historicamente a data máis importante da literatura galega.
A web da Deputación, Segundo explica a deputada de Lingua María Ortega, publicará unha ficha diaria con información sobre as persoas escritoras máis relevantes do país, e todo o material será recollido nunha publicación física que se distribuirá entre os centros de ensino e bibliotecas da provincia.
Cada autora ou autor é protagonista de dúas pezas didácticas, unha destinada ao público infantil e outra ao público adulto. Nelas inclúese unha ilustración, unha pequena biografía, un apartado de ‘grandes éxitos’ e un texto significativo de entre a súa obra, así como unha pequena cita ou comentario de Fernández del Riego –autor homenaxeado este ano- sobre a escritora ou escritor en cuestión.
A responsable de Lingua provincial destaca que o proxecto lánzase agora, a finais de febreiro, facendo coincidir as entregas entre dúas datas sinaladas relacionadas coa escritora galega máis universal, Rosalía de Castro: a primeira ficha subiuse xa á web na data do seu aniversario o 23 de febreiro (Día de Rosalía), e a última farao o 17 de maio, día no que se celebra a chegada á imprenta de Juan Compañel da súa obra ‘Cantares gallegos’. Ata o de agora foron publicadas as fichas de Rosalía de Castro e de Castelao.
DÍAS DAS LETRAS GALEGAS
1963: Rosalía de Castro
1964: Alfonso Daniel R. Castelao
1965: Eduardo Pondal
1966: Francisco Añón
1967: Manuel Curros Enríquez
1968: Florentino López Cuevillas
1969: Antonio Noriega Varela
1970: Marcial Valladares Núñez
1971: Gonzalo López Abente
1972: Valentín Lamas Carvajal
1973: Manuel Lago González
1974: Xoán Vicente Viqueira
1975: Xoán Manuel Pintos Villar
1976: Ramón Cabanillas
1977: Antón Villar Ponte
1978: Antonio López Ferreiro
1979: Manuel Antonio
1980: Alfonso X el Sabio
1981: Vicente Risco
1982: Luis Amado Carballo
1983: Manuel Leiras Pulpeiro
1984: Armando Cotarelo Valledor
1985: Antón Losada Diéguez
1986: Aquilino Iglesia Alvariño
1987: Francisca Herrera Garrido
1988: Ramón Otero Pedrayo
1989: Celso Emilio Ferreiro
1990: Luis Pimentel
1991: Álvaro Cunqueiro
1992: Fermín Bouza Brey
1993: Eduardo Blanco Amor
1994: Luis Seoane
1995: Rafael Dieste
1996: Xesús Ignacio Ferro Couselo
1997: Ánxel Fole
1998: Xoán de Cangas, Martín Códax y Mendinho
1999: Roberto Blanco Torres
2000: Manuel Murguía
2001: Eladio Rodríguez
2002: Fray Martín Sarmiento
2003: Antón Avilés de Taramancos
2004: Xaquín Lorenzo, Xocas
2005: Lorenzo Varela
2006: Manuel Lugrís Freire
2007: María Mariño
2008: Xosé María Álvarez Blázquez
2009: Ramón Piñeiro López
2010: Uxío Novoneyra
2011: Lois Pereiro
2012: Valentín Paz Andrade
2013: Roberto Vidal Bolaño
2014: Xosé María Díaz Castro
2015: Xosé Filgueira Valverde
2016: Manuel María
2017: Carlos Casares
2018: María Victoria Moreno Márquez
2019: Antón Fraguas
2020: Ricardo Carvalho Calero
2021: Xela Arias
2022: Florencio Delgado Gurriarán