Luis López recoñece a pegada histórica do Gremio de Mareantes, unha entidade que é motor cultural, económico e construtivo en Pontevedra e na provincia

O mandatario provincial foi distinguido polo gremio do mar máis antigo do país e a entidade máis lonxeva da cidade coa entrega do medallón de honra e do pergamiño que o recoñece como membro de honra desta institución

02/04/2025

Luis López na visita ao Gremio de Mareantes

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recoñece a pegada histórica, cultural e arquitectónico que está a deixar o Gremio de Mareantes na capital e na provincia de Pontevedra no acto no que foi distinguido como membro de honra deste colectivo fundado no ano 1320 no que recibiu o medallón de honra e o pergamiño de membro desta entidade de mans do seu presidente, Jose Luis Arellano Guiance. “Que o Gremio dos Mareantes, que moldeou esta cidade e esta provincia, me outorgue este recoñecemento é motivo de ledicia, orgullo e infinita gratitude. Hoxe é un deses días que un considera inesquecibles”, recoñeceu o mandatario provincial nun acto no que estivo acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e membros do goberno da Deputación.

Rodeado de representantes das principais institucións do ámbito administrativo, social e cultural da provincia, o presidente Luis López asinou no libro de honra do Gremio de Mareantes antes de recibir un recoñecemento iniciado no ano 1912 por esta entidade e que está reservado para as persoas que realizan “un labor encomiable” en terras galegas e estranxeiras. “Un distintivo que nos dá forzas para seguir a estela do Gremio de Mareantes, que leva desde o ano 1320 facendo desta terra o que é e será: unha provincia extraordinaria”, valorou López.

Salientou o presidente Luis López accións levadas a cabo polo Gremio de Mareantes que marcaron importantes fitos na historia da cidade e a provincia de Pontevedra coma a construción da Basílica de Santa María, a Ponte da Barca ou a recuperación dalgunhas procesións da Semana Santa pontevedresa para poñer en valor o peso dunha entidade histórica, a máis antiga da cidade e o gremio do mar con máis anos de historia de todo o país.

Galerias de imagenes