Luis López recoñece o compromiso da Deputación co rural durante o xantar organizado pola Cooperativa O Rodo en Rodeiro

24/11/2023

LUIS LÓPEZ APOIO COOPERATIVA O RODO RODEIRO

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recoñeceu o compromiso da Deputación de Pontevedra  co rural durante a tradicional cea de confraternidade que organiza cada ano a Cooperativa O Rodo en Rodeiro, na que o mandatario provincial aproveitou para coñecer o catálogo de iniciativas que esta cooperativa ten en marcha para dinamizar a economía do concello e da comarca.