Inauguración do espazo que albergará a sede da Fundación Manuel Moldes

30/11/2023

Inauguración da sede da Fundación Manuel Moldes

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, asistiu hoxe no edificio da Xunta de Galicia en Pontevedra, situado na rúa Benito Corbal, á inauguración realizada polo presidente da Xunta de Galicia do espazo que a Administración autonómica acaba de habilitar para albergar a sede da Fundación Manuel Moldes.

A sede estará localizada no oitavo andar deste inmoble por un período mínimo de vinte anos por acordo coa Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e permitirá albergar unha das producións máis prolíficas de arte contemporánea que se conservan en Galicia.

Ademais de participar na inauguración deste espazo, a vicepresidenta tamén acudiu á inauguración da exposición “Misterio + Luz = Pintura <-> Vida”, un percorrido polos diferentes momentos do artista no que se amosan as posibilidades expresivas que pode atopar un creador ao longo da súa vida e que se poderá visitar neste mesmo lugar ata o 30 de marzo.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.