Marta Fernández-Tapias, asistiu na Sede Afundación de Vigo á inauguración da mostra “Vigo no tempo”

10/11/2023

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, asistiu na Sede Afundación de Vigo á inauguración da mostra “Vigo no tempo”, organizada pola Xunta de Galicia, a través da Fundación Cidade da Cultura e coa colaboración de Afundación. A mostra forma parte do proxecto “Cidades no tempo”, que chega a Vigo co obxectivo de reivindicar a cultura urbana como compoñente clave da identidade de Galicia.

“Vigo é unha cidade única, que mestura á perfección o seu enclave histórico tradicional co concepto de cidade activa, de praia e de montaña, e industrial á vez que moderna e innovadora”, explicou Fernández-Tapias, “e nesta mostra percorrermos a súa historia, desde as súas orixes na Idade Media ata o seu crecemento no séculos XIX e XX; todo sen esquecerse da actualidade deste Vigo que ten alma mariñeira, mais tamén cosmopolita”.

A responsable provincial de Cultura remarcou que a cidade olívica “ten un potencial cultural inmenso” e amosou o compromiso do Goberno da Deputación para “seguir impulsando e promovendo ese potencial. Traballaremos con intensidade para apoiar a cultura nesta cidade, porque cremos que Vigo merece poñerse no epicentro cultural da xeografía galega”.​

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.