As actividades formativas do programa “Conectadas” continúan esta semana en tres concellos

Máis de 40 mulleres da Lama, Soutomaior e Oia participan en cursos de relaxación, risoterapia e xardinería no marco desta iniciativa da Deputación de Pontevedra

22/08/2023

Esta semana comezan tres novas accións formativas no marco do programa “Conectadas” da Deputación de Pontevedra nas que participarán 43 mulleres dos concellos da Lama, Soutomaior e Oia. Esta iniciativa ten como principal obxectivo potenciar a participación e a promoción das mulleres a través de accións formativas que este ano se desenvolverán en 53 concellos con máis de 4.000 usuarias.

O martes 22 de agosto iníciase un obradoiro de relaxación para 18 participantes da Asociación de Veciños San Bartolomé de Xesta da Lama. A actividade desenvolverase os martes no Casino de Xesta de 19 a 21 horas.

O mércores 23 de agosto dará comezo un curso de risoterapia, no que participarán 12 mulleres da Asociación de Veciños San Benito de Romariz, de Soutomaior. Asistirán a esta acción formativa na Casa dos Veciños de Romariz os mércores pola tarde, de 17 a 19 horas.

Por último, o xoves 24 de agosto comeza un curso de xardinería para 13 mulleres da Asociación de Mulleres Rurais de Oia na Casa da Sociedade de Burgueira. Impartirase os xoves, de 18:00 a 20:30 horas, en Oia, agás este mes de agosto, que se desenvolverá de 18:30 a 21:00 horas.

Neste 2023 participan no programa “Conectadas” 219 entidades de 53 concellos da provincia (Agolada, Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Dozón, A Estrada, Fornelos de Montes, Gondomar, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, Lalín, A Lama, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Moraña, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponte Caldelas, Ponteareas, Pontevedra, Portas, Redondela, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vigo, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa).

Os colectivos beneficiarios puideron escoller entre 30 obradoiros ofertados dentro de cinco bloques temáticos: Emprende, iniciativas sostibles para o emprego; ExpresARTE; Conéctate; Sementa sostibilidade; e O teu momento, coidado e benestar. Todas as accións formativas, de 35 horas de duración, inclúen o tratamento da igualdade entre homes e mulleres de forma transversal nos seus contidos.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 9 resultados.