As actividades formativas do programa da Deputación “Conectadas” continúan esta semana en vinte concellos e coa participación de máis de 500 mulleres
Os cursos terán lugar en Arbo, Baiona, Barro, Caldas de Reis, Cambados, Cerdedo-Cotobade, Gondomar, O Grove, A Illa de Arousa, Lalín, Meaño, Meis, Pazos de Borbén, Pontevedra, O Rosal, Redondela, Tomiño, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vigo
30/09/2023
Esta semana desenvolveranse novas accións formativas no marco do programa “Conectadas” da Deputación de Pontevedra, nas que participarán 519 mulleres dos concellos de Arbo, Baiona, Barro, Caldas de Reis, Cambados, Cerdedo-Cotobade, Gondomar, O Grove, A Illa de Arousa, Lalín, Meaño, Meis, Pazos de Borbén, Pontevedra, O Rosal, Redondela, Tomiño, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vigo. Este ano a iniciativa ten como principal obxectivo potenciar a participación e a promoción de máis de 4.000 mulleres a través de accións formativas que se desenvolverán en 53 concellos da provincia.
Os cursos desta semana empezarán o luns 2 de outubro con nove actividades programadas: 24 membros da Asociación de Veciños Bolarqueiros de Noceda (Lalín) formaranse en alfabetización dixital a través dun obradoiro; 12 mulleres da Asociación Mulleres en Igualdade de Busto (Lalín) terán un obradoiro de iniciación ao patchwork; 20 mulleres da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Vigo) iniciaranse en pilates; 13 mulleres da Asociación de Amas de Casa de Tui participarán nun curso de relaxación e manexo do estrés; 24 usuarias da Asociación Veciñal Santa María de Pazos de Borbén participarán nun obradoiro de ximnasia hipopresiva; e 21 mulleres da Asociación de Mulleres Rurais A Telleira de Dena (Meaño) realizarán un obradoiro de risoterapia. Os cursos de ioga estarán dirixidos a 25 mulleres da Asociación de Mulleres Rurais Os Pazos (Meis), a 12 usuarias da Asociación de Mulleres en Igualdade do Rosal e a 20 mulleres da entidade cultural Colectivo Espazo 16 (Barro).
O martes 3 darán comezo cinco actividades. O Obradoiro de Alfabetización Dixital impartirase para 16 mulleres da Asociación de Veciños Cultural Recreativa e Deportiva de San Salvador de Sobrada (Tomiño) e para 20 da Asociación de Mulleres Rurais San Vicente de Paul (A Illa de Arousa). Na actividade de taichí participarán 18 usuarias da Asociación de Mulleres Dorna da parroquia do Cristo da Victoria (Vigo); nun obradoiro de risoterapia, 13 mulleres da Asociación veciñal Ponte de Mañufe (Gondomar); e noutro de relaxación e manexo do estrés, 20 mulleres da Asociación Agrupación Cultural Deportiva Chan do Monte de San Vicente (Pontevedra).
O mércores 4 será a quenda de cinco obradoiros: 18 usuarias da Asociación Española Contra o Cancro do Grove iniciarán un curso sobre ioga, 13 mulleres da Asociación Mulleres en Igualdade de Prado de (Lalín) sobre artesanía en coiro, outras 13 da Asociación Veciñal, Deportiva, Cultural e Xuvenil Arcángel San Miguel (Arbo) iniciaranse no patchwork, 20 integrantes da Asociación de Mulleres en Igualdade de Vigo formaranse en administración electrónica e 12 mulleres da Asociación de Mulleres Rurais de Castrelos As Saíñas (Cambados) sobre horta ecolóxica. Este mesmo día, ademais, remata o curso de apoderamento e liderado de 13 usuarias da Asociación Érguete de Prevención de Condutas Aditivas e de Educación e Promoción da Saúde (Cambados).
O xoves 5 comezarán catro novos obradoiros: 15 mulleres da Asociación de Mulleres Rurais Deza (Lalín) formaranse en administración electrónica, 13 integrantes da Asociación de Mulleres Creativas de Quireza (Cerdedo-Cotobade) comezarán o curso de ximnasia hipopresiva, 20 mulleres da Asociación Española Contra o Cancro de Redondela realizarán o de risoterapia e 15 mulleres da Asociación de Mulleres Rurais A Seca de Corbillón (Cambados) iniciarán o de tarefas do campo.
Para o venres 6 está programado o inicio de cinco obradoiros: tres sobre pintura e dous de risoterapia. Por unha banda, 13 usuarias da Asociación de Mulleres Rurais Fontecarmoa, 16 da Asociación de Mulleres Rurais Os Borrizos de Cornazo (ambas as dúas de Vilagarcía de Arousa) e 13 mulleres da Asociación de Mulleres Rurais Arbenses (Arbo) iniciaranse en pintura. Por outra banda, 25 mulleres da Asociación de Viúvas Mercedes de la Escalera (Baiona) e 13 da Asociación de Mulleres Rurais de Santa Lucía de Arcos da Condesa (Caldas de Reis) iniciarán cursos de risoterapia.
O sábado 7 de outubro 25 mulleres da Asociación de Veciños de San Gregorio de Corredoira (Cerdedo-Cotobade) realizarán un obradoiro de risoterapia e 17 usuarias da Asociación de Mulleres Rurais A Lagoa de San Vicente do Grove, outro de xardinería.
En 2023 participan no programa “Conectadas” 219 entidades de 53 concellos da provincia (Agolada, Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Dozón, A Estrada, Fornelos de Montes, Gondomar, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, Lalín, A Lama, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Moraña, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponte Caldelas, Ponteareas, Pontevedra, Portas, Redondela, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vigo, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa). Os colectivos beneficiarios puideron escoller entre 30 obradoiros ofertados dentro de cinco bloques temáticos: Emprende, iniciativas sostibles para o emprego, ExpresARTE, Conéctate, Sementa sostibilidade e O teu momento. Coidado e benestar. Todas as accións formativas inclúen, de forma transversal nos seus contidos, o tratamento da igualdade entre mulleres e homes, e teñen unha duración de 35 horas.