Marta Fernández-Tapias participou no acto de entrega do Premio María Josefa Wonenburger Planells
19/12/2023
A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, participou no acto de entrega do Premio María Josefa Wonenburger Planells no Edificio Redeiras da Universidade de Vigo. A conselleira de Promoción do Emprego, Elena Rivo, entregoulle o premio á gañadora, María Concepción Paz Penín, nun acto no que a secretaria xeral de Igualdade, Sandra Vázquez, leu a acta da concesión do premio e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Joaquín Reigosa, pronunciou a laudatio.