A Volta Motociclista a Galicia, un evento de “talla mundial” que sairá do Pazo Provincial

O deputado de Deportes, Gorka Gómez, presentou unha nova edición da Volta Motociclista a Galicia de mototurismo xunto con Juan Noguerol, campión do mundo e de España desta disciplina no ano 2020 e principal impulsor dun "evento moi relevante e de talla mundial"

22/09/2022

Presentación Volta Motociclista a Galicia  

O deputado de Deportes, Gorka Gómez, presentou unha nova edición da Volta Motociclista a Galicia de mototurismo xunto con Juan Noguerol, campión do mundo e de España desta disciplina no ano 2020 e principal impulsor dun "evento moi relevante e de talla mundial". A ruta deportiva, que se celebrará entre os días 7 e 9 de outubro, partirá do Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra para percorrer, ao longo de tres etapas algúns dos recunchos máis fermosos da provincia e da comunidade autónoma. Trátase da última proba puntuable para o World Touring Challenge e para a Copa de España de Mototurismo.

Juan Noguerol asegurou que é "unha honra contar coa colaboración da Deputación, sen ela non sería posible desenvolver a Volta", e que a intención é a de "mellorar a proba do pasado ano", comezando por un aumento da duración da mesma, pasando así das dúas etapas de edicións anteriores ás tres deste ano.

Pola súa banda, Gorka Gómez destacou a importancia do "turismo deportivo para o desenvolvemento da provincia", máis aínda no caso dunha proba como esta, con carácter internacional e que conta xa con 70 motoristas inscritos, das que máis da metade son estranxeiros. "É importante poñer en valor as diferentes modalidades deportivas e que a sociedade teña a oportunidade de coñecer referentes deportivos de todas as disciplinas".

Galerias de imagenes