Recepción de Pablo Izard no Pazo provincial
08/09/2022
O deputado de Deportes, Gorka Gómez, recibiu no Pazo Provincial a Pablo Izard, que se proclamou en xullo campión de España de K1 de Kickboxing. Gorka Gómez felicitou a este deportista vigués, que leva o nome da provincia por todo o mundo, e ao que recoñeceu as “horas de dedicación, o esforzo e os sacrificios persoais, económicos e familiares”. E subliñou que na Deputación de Pontevedra “sabemos das dificultades que sofren os deportes minoritarios e por iso -continuou- cremos no apoio público-privado”.
Ademais, o deputado de Deportes gabou os éxitos acadados por Izard sen esquecerse de que para conseguilos “tivo que esforzarse cando era máis novo”.
Por este motivo, lembrou, “a Deputación de Pontevedra apoia tanto ao deporte base como ao de elite”. Pola súa banda, Pablo Izard recoñeceu que a parte boa do seu esforzo “é a que se ve, os títulos, pero ao final é todo entrega e sacrificio”.