A Deputación aproba os convenios para a transformación dixital de 19 concellos

Este venres remata o prazo para que os municipios de menos de 20.000 habitantes da provincia remitan as súas solicitudes de adhesión a este proxecto

29/09/2023

Xunta de Goberno

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar os convenios de colaboración con 19 concellos da provincia para avanzar na transformación dixital e na modernización destes grazas a unha achega de 2,52 millóns de euros dos fondos Next Generation. O presidente, Luis López, explicou que, na reunión mantida pola deputada de Fondos Europeos, María Ramallo, cos alcaldes dos 51 concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia, “lles animamos a que se adheriran a esta iniciativa. Froito deste traballo, aprobamos estes primeiros convenios, se ben o prazo para sumarse a este innovador proxecto aínda remata hoxe, polo que alentamos os concellos a que concorran a este programa de dixitalización”.

En concreto, os primeiros concellos en adherirse son As Neves, Ponte Caldelas, Crecente, A Lama, Campo Lameiro, Nigrán, Mondariz-Balneario, Caldas de Reis, Moraña, Meaño, Cerdedo-Cotobade, Pazos de Borbén, Salvaterra de Miño, Cambados, Fornelos de Montes, Mondariz, Covelo, Barro e Tui. Na súa carta de adhesión tiñan que especificar que liñas querían desenvolver, das cinco que se van poñer en marcha ao abeiro deste proxecto.

Así, dez concellos solicitaron a plataforma de comunicación e xestión de incidencias e oito, o portal de transparencia; 14, o sistema automático de xestión de órganos colexiados; nove, o cadro de mandos de indicadores da Axenda Urbana e dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible; e 18, a integración coa Carpeta Cidadá do Estado. En total, instalaranse 195 de tipo estándar, capaces de desenvolver as tarefas ofimáticas máis habituais, e 31 avanzados, con capacidade para desenvolver tarefas técnicas que requiran prestacións superiores. 

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 6 resultados.