Fernández-Tapias cifra en 220.000 euros as axudas da Deputación a entidades deportivas da área de Vigo
Os apoios provinciais á celebración de eventos deportivos chegarán a 42 clubs da cidade de Vigo e outras 10 entidades da urbe recibirán as subvencións ao deporte náutico
07/08/2023
A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, reuniuse esta mañá coa directiva do Club de Remo de Vigo e visitou as súas instalacións, localizadas na vila viguesa de Bouzas. Durante o encontro, no que estiveron presentes o director e a secretaria da entidade, Manuel Rodríguez e Celia Cabrera, coñeceu a situación do club así como as súas necesidades a nivel técnico e deportivo. Como responsable da área de Deportes da institución provincial, Fernández-Tapias comprometeuse a estudar posibles vías de colaboración coa entidade.
A vicepresidenta primeira confirmou que o club é unha das 74 entidades deportivas da área de Vigo beneficiarias das axudas aprobadas recentemente na Xunta de Goberno da Deputación, que suporán un desembolso de preto de 225.000 euros soamente na área de Vigo. Segundo informou Fernández-Tapias, trátase das achegas á celebración de campionatos, eventos e actividades deportivas (da que se benefician 61 clubs da área cun total de preto de 106.000 euros) e da liña dedicada ao deporte náutico (que suporá na comarca de Vigo un total de preto de 120.000 euros para 13 clubs).
No marco da convocatoria para eventos deportivos, reciben achegas un total de 42 clubs da cidade de Vigo: Club de Campo de Vigo (LXXX Torneo Internacional de Tenis), Club Deportivo Hípico Equigalia, Club Deportivo Old School Boxing (Campionato de España de Boxeo), Club Marítimo de Vigo (Campionato de España de Fórmula Windsurf-IQFoil), Club Sociedad Deportiva Carballal (Campionato de España Xuvenil, Cadete e Infantil Femininos e Infantil Masculino), Escudaría Rías Baixas (56º Rallye Recalvi Rías Baixas), Federación Galega de Bolos (Campionato de España por equipos en 1ª categoría Bolo Celta e Campionato de España Xuvenil), Federación Galega de Motonáutica (Campionato de España e Copa Ibérica de Embarcacións T-850 e Campionato de España de Radiocontrol Térmico), Real Club Náutico de Vigo (XXIV Semana do Atlántico Cidade de Vigo XLVIII Trofeo Martín Barreiro), Federación Galega de Vela (Copa de España Clase 420 e Regata da Muller – Campionato de España Feminino por Autonomías), Novobasket (Basket na Rúa 3x3), Club Deportivo C.S.C.R. de Beade (X Carreira da Cereixa), Asociación Futevolei de Vigo (Liga Nacional Futevolei, etapa IV Vigo), Comesaña Sporting Club (44º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través), Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo (II Torneo de Petanca ACDC), Asociación Centro Veciñal e Cultural de Valadares (III Torneo de Xadrez), Club As Rodas de Patinaxe Artística, Club de Baile Deportivo Pasos (Marín Atlantic Open), Seis do Nadal de Coia (XV Memorial Víctor Lis), Club de Bolos de Valadares (Campionato Galego de Categorías Inferiores e Feminino), Club Ciclista Vigués (XLIX Gran Preio Ciclista Cidade de Vigo), Club Cíes Squash (Copa Ibérica de Squash), Club de Atletismo Veteranos de Samil (Carreira praia de Samil Fe Seguros – III Memorial Alfonso Varela), Club de Halterofilia Centaurus (IV Centaurus Games), Club Deportivo Atlántigas (I Marcha Cicloturista Atlántigas), Club Deportivo Freestyle Slalom Vigo (Xogos Escolares Patinaxe en Liña), Club Deportivo Minauta (XI Encontro de Patróns Ría de Vigo), Club Montañeiros Celtas (III Proba Copa Galega de Escalada en Idade Escolar), Club Patín Vagalume (VI Trofeo Internacional Cidade de Vigo Show – Patinaxe artística), Club San Roque Casablanca (XXI Torneo Armanda Cajaraville), Estibadores Fútbol Gaélico Vigo (Finais Ibéricas de Fútbol Gaélico), Federación Galega de Ciclismo (X Ruta do Albariño), Federación Galega de Montañismo (Proba da Copa Xunta de Galicia en Idade Escolar na provincia de Pontevedra), Federación Galega de Balonmán (Xira Galega de Balonmán Praia), Monteferro Bike Club (Cinturón Verde – Vigo MTB Race), MS2 (MS2 Cup – IV Torneo Internacional Michel Salgado), S.D. Atletismo San Miguel (XLVI Trofeo de Campo – III Memorial Alejandro Gómez Cabral), Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida (Penedo Cup IV), Sociedade Deportiva Club Marcote (IX Aberto Internacional de Xadrez Hotel Cemar), Tu Meta Personal (XIII Travesía a Nado Costa Serena – Gran Premio Concello de Nigrán) e Vigopadel (I Campionato Vigopadel).
No resto da área, reciben axudas 8 entidades de Nigrán: Club Bolos Camos (Copa de España de Bolo Celta), Club Bolos Santa Eulalia (Campionato de España por equipos en 2ª categoría Bolo Celta), Club de Tenis A Tobeira (IV ITF A Tobeira Clay Tennis&Beach), Club de Bolos San Roque (Campionato de España Cadete Bolo Celta), Club Galego de Surf (Campionato de España de Paddle Surf de Resistencia), Nigrán Quenlla Surf Club (III Evento Surf Adaptado de Nigrán), Raza Palleira (I Liga Indoor Escolar) e Unión Polideportiva Bolos da Carrasca (I Open Internacional Conchi). No Porriño, tres clubs: Asociación Deportiva Avanza (III Trofeo do Concello do Porriño), Club Polideportivo ACEESCA (Ciclismo adaptado a persoas con discapacidade) e Master da Louriña (Challenge das Rías Baixas). En Redondela, outros tres clubs: Club de Remo de Chapela, Asociación Deportiva CAR (Cross Illa de San Simón) e Grupo Casa Paco 81 (Mundialito A Xunqueira 2023). Tamén se benefician 2 entidades deportivas de Baiona, Monte Real Club de Iates (Mundial J80 Baiona 2023) e Club de fútbol Erizana (Torneo de Semana Santa de F8 Erizana); outras dúas de Gondomar, Sociedade Atlética Val Miñor (Nigrán Área XII) e Patinaxe Artística Gondomar (Campionato Galego por Grupos Show 2023) e, por último, en Mos, a Asociación C.P. A Rosaleira (VI Trofeo Vila da Rosa de patinaxe artística).
No caso das achegas ao deporte náutico, acadaron subvencións un total de 13 entidades da área de Vigo, dez delas da cidade: Bouzas Caiac, Club de Piragüismo Olívico e Club Kayak Vigo na modalidade de piragüismo, Club de Remo de Coruxo, Club de Remo Virxe da Guía e Club de Remo de Vigo na modalidade de remo, e Agrupación Deportiva Sodim, Asociación de Barcos Clásicos de Vela Lixeira, Club Marítimo de Canido e mais o Real Club Náutico de Vigo na modalidade de vela. Tamén se benefician clubs de Redondela (Club de Remo de Chapela, na modalidade de remo), Baiona (Monte Real Club de Iates, na modalidade de vela) e Nigrán (Club Marítimo de Panxón, na categoría de vela). A convocatoria supuxo un reparto de preto de 120.000 € nos clubs da comarca.