Axenda de actividades provinciais
Exposición “Esencial”, de Jesús Díaz Ferrer
Información
A exposición “Esencial” celebra o centenario do nacemento do pintor Jesús Díaz Ferrer (O Barco de Valdeorras, 1922-Teruel, 2017).
O principal obxectivo desta mostra é intentar clarificar a complexidade de Jesús Díaz Ferrer e amosarllo ao público dun xeito que facilite a súa comprensión. Por unha banda, búscase indagar no “esencial” da súa obra, o que realmente a sustenta. Por outra, trátase de deixar patente que nos atopamos ante un artista que, por transitar durante a súa longa carreira desde as últimas vangardas europeas ata a posmodernidade, resulta “esencial” para comprender os nexos entre a arte galega e a europea desde mediados do século xx ata os inicios do XXI.
Horario
De luns a venres, de 9 a 20 horas; sábados e festivos, de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas; e domingos, de 10 a 14 horas.