AXENDA 2030

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

AUPO 2030 - Axenda Urbana e Rural

AUPO 2030

Axenda Urbana e Rural

da Provincia de Pontevedra

A Axenda Urbana e Rural da Provincia de Pontevedra (AUPO 2030) representa a folla de ruta da Deputación para deseñar un desenvolvemento máis sostible e cohesionado da provincia seguindo os principios marcados pola Axenda Urbana Española e polos organismos internacionais como a Unión Europea ou as Nacións Unidas.


Esta Axenda é o resultado dun amplo proceso de participación cidadá no que se involucraron os principais axentes económicos e sociais, así como o conxunto de concellos da provincia.

O documento da Axenda Urbana e Rural da Provincia de Pontevedra presenta unha caracterización do territorio; o marco estratéxico estruturado en seis dimensións de traballo definidas a partir dos retos identificados na fase de diagnose e análise; o plan de acción que se desprega a través de trinta e oito liñas de acción, no marco das cales se desenvolverán as distintas actuacións; e finalmente, o marco para a gobernanza.

Noticias relacionadas

As deputadas provinciais María Ramallo e Belén Cachafeiro

A Deputación presenta a súa Axenda Urbana e Rural co obxectivo de facilitar a captación de fondos europeos para investimentos provinciais

  23/10/2024

AUPO

A Deputación celebra mañá en Vigo a última das rutas gratuítas organizadas dentro das accións da Axenda Urbana e Rural de Pontevedra

  29/07/2024

Rutas AUPO

A Deputación dá inicio este martes en Baiona á primeira das rutas gratuítas organizadas dentro das accións da Axenda Urbana e Rural de Pontevedra

  14/07/2024

Concurso escolar AUPO 2030

A Deputación mantén aberto ata este venres, 21 de xuño, o prazo para participar nos concursos escolares do deseño da Axenda Urbana e Rural da provincia

  17/06/2024

Concurso escolar - AUPO 2030

A Deputación convoca un concurso escolar para animar aos mozos a participar no deseño da Axenda Urbana e Rural da provincia

  30/05/2024

María Ramallo en Lalín na prensentación da Axenda Urbana

A deputada María Ramallo enxalza en Lalín o modelo de Axenda Urbana e Rural da Deputación, “un proxecto de todos, con todos e para todos para que a provincia avance”

  22/04/2024

Javier Tourís en Cambados

A Deputación analiza os desafíos e oportunidades da comarca do Salnés para incorporar na Axenda Urbana e Rural da provincia de Pontevedra

  21/03/2024

mesa de traballo correspondente á comarca de Caldas

A Deputación analiza os desafíos e oportunidades da comarca de Caldas de Reis para incorporar na Axenda Urbana e Rural da provincia de Pontevedra

  20/03/2024

Terceira mesa de traballo sobre a Axenda Rural e Urbana da Provincia

Luis López destaca o reto demográfico como unha prioridade dentro da aposta da Axenda Urbana e Rural en Deza

  13/03/2024

Segunda mesa de traballo sobre a Axenda Rural e Urbana da Provincia

Luis López aposta pola colaboración entre a Deputación e os concellos da área de Vigo para acadar os obxectivos da Axenda Urbana Europea

  06/03/2024

Luis López

Luis López sinala a atención ao reto demográfico e á sostibilidade do +Provincia como mostras do compromiso da Deputación coa Axenda Urbana Europea

  29/02/2024