Subvencións

Entidades de iniciativa social


No marco das entidades de iniciativa social, a Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Benestar Social, convoca catro tipos de liñas de subvencións, cos obxectivos de:

  • Fomentar a posta en marcha de actividades e iniciativas desenvolvidas polas entidades sociais da provincia de Pontevedra para mellorar a calidade de vida e a integración das persoas que se atopan nunha situación de especial vulnerabilidade.
  • Apoiar as organizacións non gobernamentais de desenvolvemento (ONGD) na cooperación para o desenvolvemento ao promover a colaboración, a complementariedade e a coordinación entre as administracións públicas e os distintos actores de cooperación.
  • Promover condicións de seguridade e autonomía para as persoas usuarias das entidades de iniciativa social como elemento primordial para desenvolver as actividades da vida cotiá, sen restricións derivadas do ámbito físico, arquitectónico e de comunicación, e darlles a oportunidade de ter unha participación activa e de uso e aproveitamento dos diferentes espazos e recursos.

As entidades destinatarias destas axudas, dependendo da liña de subvencións de que se trate, serán entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro e ONGD con domicilio social ou delegación na provincia de Pontevedra que cumpran os requisitos establecidos nas bases reguladoras de cada convocatoria.

Liñas de subvencións

  • Subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para actuacións no ámbito social.
  • Subvencións nominativas dirixidas a entidades de iniciativa social.
  • Subvencións de cooperación ao desenvolvemento dirixidas a ONGD.
  • Subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para a promoción da accesibilidade universal, a eliminación de barreiras e a adquisición de axudas técnicas. (Novidade do ano 2024, pendente de publicación)

Contacto

benestarsocial@depo.es
986 804 100

Guía de entidades de iniciativa social

Co obxectivo de poñer en valor o traballo do tecido asociativo da provincia de Pontevedra, que leva a cabo programas destinados a distintos colectivos, e de poñer á disposición da cidadanía un recurso de procura de interese social, creouse unha guía de entidades que facilita información e datos de contacto destas, clasificándoas en función das áreas nas que desenvolven os seus proxectos.

https://www.depo.gal/guia-de-entidades-de-iniciativa-social

Ligazóns de interese