#MedioNatural

PROGRAMA DUS 5000

Axudas para investimentos a proxectos singulares locais de enerxía limpa en municipios de reto demográfico

A Deputación de Pontevedra, en colaboración cos concellos de reto demográfico e no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU, a través do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), impulsa unha estratexia conxunta que pretende incentivar proxectos singulares de enerxía limpa en entidades locais de toda a provincia.


Neste marco de colaboración, ao abeiro da convocatoria do IDAE, regulada polo Real decreto 692/2021, de 3 de agosto, polo que se regula a concesión directa de axudas para investimentos a proxectos singulares locais de enerxía limpa en municipios de reto demográfico (PROGRAMA DUS 5000), no marco do Programa de Rexeneración e Reto Demográfico do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, compoñente 2 «Implementación da Axenda Urbana española: Plan de rehabilitación de vivenda e rexeneración urbana»; Investimento 4 (Programa de Rexeneración e Reto Demográfico).

Na actualidade están en marcha os proxectos que se detallan a continuación:

IMPORTE TOTAL DAS ACTUACIÓNS
Investimento total Achega do IDAE (85 %  NGEU) Achega da  Deputación e dos concellos
 (fondos propios)
3.313.957,14 € 2.657.472,56 € 656.484,58 €

 

INDICADOR INDICADOR INDICADOR
Capacidade de produción de electricidade con enerxía renovable (Mw) Capacidade de produción de enerxía térmica con enerxía renovable (Mw) Aforro en consumo anual de enerxía primaria (MWh/ano)
0,12 0,25 3.548,44

Proxectos de instalacións de xeración eléctrica renovable para autoconsumo, con ou sen almacenamento (medida 2)

INSTALACIÓNS FOTOVOLTAICAS SUSTENTABLES II (PR_D5000_2021_001085)

O proxecto consiste en 11 instalacións solares fotovoltaicas con modalidade de autoconsumo con vertedura a rede de excedentes distribuídas en 5 municipios da Deputación de Pontevedra: Forcarei, Caldas de Reis, Catoira, Dozón, Ribadumia.

Investimento total Achega do IDAE (85 % NGEU) Achega da Deputación e dos concellos
 (15 % fondos propios)
159.303,76 € 134.065,98 € 25.237,78 €

Indicadores:

Capacidade de produción de electricidade con enerxía renovable: 0,12 MW.

Proxectos de instalacións de xeración térmica renovable e redes de calor e/ou frío (medida 3)

INSTALACIÓNS XEOTÉRMICAS SUSTENTABLES II (PR_D5000_2021_000380)

O proxecto consiste na substitución do sistema de xeración de enerxía térmica existente na casa consistorial da Cañiza (Pontevedra)  por un sistema de aproveitamento xeotérmico, mediante intercambio enterrado vertical e bomba de calor que intercambia a enerxía co terreo. Ademais instalarase esta tecnoloxía no centro sociocultural do municipio da Illa de Arousa (Pontevedra), formado por dous edificios, nos cales non se substitúe ningunha instalación, ao non existir esta previamente.Tamén se levarán a cabo as seguintes actuacións:

  • Adaptación da sala de caldeiras no caso da casa do concello da Cañiza.

Con esta actuación:

  • Na casa consistorial da Cañiza as emisións reduciranse de 62,3 kg de CO2/m2 ao ano a 24,7 kg de CO2/m2 ao ano.
  • No Edificio 1-3 da Illa de Arousa as emisións reduciranse de 22,4 kg de CO2/m2 ao ano a 14,0 kg de CO2/m2 ao ano
  • No Edificio 5 da Illa de Arousa as emisións reduciranse de 24,5 kg de CO2/m2 ao ano a 14,1 kg de CO2/m2 ao ano.
Investimento total Achega do IDAE (85 % NGEU) Achega da Deputación e dos concellos
 (15 % fondos propios)
410.913,58 € 349.276,53 € 61.637,05 €

Indicadores:

Capacidade de produción de enerxía térmica con enerxía renovable: 0,14 MW.

INSTALACIÓNS DE AEROTERMIA SUSTENTABLES II (PR_D5000_2021_001599)

O proxecto consiste na substitución dos acumuladores eléctricos existentes que proporcionan a enerxía térmica necesaria para cafefactar os edificios da escola unitaria e gardería de Dimo, do municipio de Catoira (Pontevedra), e o concello e o centro cultural do municipio das Neves (Pontevedra) por dúas novas caldeiras de aerotermia de 45 kW e 63 kW de potencia, respectivamente. Ademais, levarán a cabo as seguintes actuacións:

  • Reforma da instalación hidráulica e eléctrica existente.
  • Incorporación de elementos terminais e distribución interior.

Con estas actuacións:

  • Na escola unitaria as emisións reduciranse de 42,10 kg CO2/m2 ao ano a 18,30 kg de CO2/m2 ao ano e a cualificación enerxética do edificio pasará de E a B.
  • Na gardería as emisiones reduciranse de 42,20 kg de CO2/m2 ao ano a 18,80 kg de CO2/m2 ao ano e a cualificación enerxética do edificio pasará de E a B.
  • No concello as emisións reduciranse de 32,90 kg de CO2/m2 ao ano a 14,80 kg de CO2/m2 ao ano e a cualificación enerxética do edificio pasará de C a B.
  • No centro cultural as emisións reduciranse de 36,10 kgCO2/m2 ao ano a 15,70 kg de CO2/m2 ao ano e a cualificación enerxética do edificio pasará de C a A.
Investimento total Achega do IDAE (85 % NGEU) Achega da Deputación e dos concellos
 (15 % fondos propios)
120.966,12 € 102.821,19 € 18.144,93 €

Indicadores:

Capacidade de produción de enerxía térmica con enerxía renovable: 0,11 MW.

Proxectos de loita contra a contaminación lumínica, iluminación eficiente e intelixente, Smart rural e TIC (medida 4)

ILUMINACIÓN EXTERIOR SUSTENTABLE XV (PR_D5000_2021_000382) - Aprobación provisional

O proxecto consiste na renovación das instalacións de iluminación exterior nos municipios de Meaño, Meis, Vilanova de Arousa, A Cañiza, Covelo, Arbo, Pazos de Borbén, Tomiño, Dozón, Rodeiro, Cuntis, Fornelos de Montes, Pontecesures, Ribadumia, Silleda, Cerdedo-Cotobade, O Rosal e Salvaterra de Miño, na provincia de Pontevedra.

Investimento total Achega do IDAE (85 % NGEU) Achega da Deputación e dos concellos
 (15 % fondos propios)
2.622.773,68 € 2.071.308,86 € 551.464,82 €

Indicadores:

Aforro en consumo anual de enerxía primaria: 3.548,44 MWh/ano.

 

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 17 resultados.